O Grupo Editorial SM publicou o seu anuario 2008 sobre literatura infantil e xuvenil. A parte dedicada á literatura galega é obra de Xosé A. Neira Cruz cunha perspectiva global sobre a edición en Galicia no pasado ano.
Pódese consultar nesta ligazón.
terça-feira, 15 de abril de 2008
Anuario de Literatura Infantil e Xuvenil 2008
Publicada por Bibliotecas Municipais de Galicia à(s) 20:49 0 comentários
Etiquetas: Lectura pública, Literatura infantil
quarta-feira, 2 de abril de 2008
2 de abril: Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Desde 1965 o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) celebra o día 2 de abril como Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en homenaxe ao escritor Hans Christian Andersen, nacido en Odense (Dinamarca) o 2 de abril de 1805.
Este ano foi Tailandia o país encargado de levar adiante a iniciativa desta data para o que presentaron o seguinte cartaz obra de Chakrabhand Posayakrit (Bangkok, Tailandia, 1943)
Publicada por Bibliotecas Municipais de Galicia à(s) 10:15 0 comentários
Etiquetas: Animación Lectura, Lectura pública, Literatura infantil
sábado, 29 de março de 2008
Inauguración da Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
O venres 28 de marzo inaugurouse a nova Biblioteca Pública de Santiago. Na inauguración participaron o Alcalde de Santiago, a Conselleira de Cultura, o Ministro de Cultura e o Presidente da Xunta. O acto contou coa participación de Rosa Cedrón que deleitou ao público con algunhas das súas cancións.
A Biblioteca, situada na zona histórica, conta con 4 plantas para o público e 1 de traballo. E vai contar cun sistema novidoso de auto-empréstamo por radiofrecuencia.
O que saiu na prensa:
- Hoxe inaugúrase a Biblioteca Ánxel Casal, que conta cun servizo pioneiros de empréstito automático de libros (El Correo Gallego)
- Santiago dedica a Ánxel Casal la biblioteca más moderna (La Voz de Galicia)
- El avance de la otra ciudad cultural (El País)
- Inaugúrase (desta vez de verdade) a biblioteca de Compostela (Vieiros)
Ademais a edición local de La Voz de Galicia entrevista a Daniel Buján Director da nova Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
Publicada por Bibliotecas Municipais de Galicia à(s) 12:11 0 comentários
Etiquetas: Bibliotecas públicas
terça-feira, 25 de março de 2008
A Cultura tradicional circula na rede
Antonio Reigosa edita unha enciclopedia on-line da fantasía popular galega que foi engadida aos recursos bibliotecarios.
Artigo publicado na sección de Galicia de El País do venres 21 de marzo de 2008.
"Hace ahora tres años que Antonio Reigosa creó el portal www.galiciaencantada.org, un sitio donde volcar las ingentes cantidades de material procedente de la tradición oral fruto de búsquedas literarias, revisiones historiográficas y entrevistas personales (algunas disponibles en la web). Allí aloja cuentos, leyendas e historias vinculadas a un lugar geográfico o mítico, a elementos de la naturaleza, a objetos y a seres reales e imaginarios, organizados en secciones como andel das marabillas, cocos e monstros, a morte o edificios encantados."
Só un erro na url do portal que é o de: www.galiciaencantada.com
Publicada por Bibliotecas Municipais de Galicia à(s) 16:39 0 comentários
Etiquetas: Literatura, Prensa
segunda-feira, 24 de março de 2008
Semanas do libro e da lectura : un mar de letras
O obxectivo deste programa de dinamización é fomentar o interese polo libro e pola lectura por medio de actividades dirixidas ao alumnado dos centros educativos, ao profesorado, aos pais e nais e ao público en xeral. Ademais reparará de maneira especial no Calendario das Letras con actividades extraordinarias nas datas que este salienta.
As Semanas do libro e da lectura teñen o mar como tema deste ano, o mesmo que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, do que están sendo continuadoras.
As actividades comporanse dun espectáculo para a inauguración e posteriormente de obradoiros de creación literaria, ilustración e animación á lectura dirixidos ao alumnado.
Para os adultos haberá actividades de carácter formativo para o profesorado e contacontos diarios dirixidos para todo tipo de público e actividades para as nais e pais, todo isto co obxectivo de facer destas semanas un encontro participativo, formativo e agradábel.
O calendario das Semanas do libro e da lectura é o seguinte:
- Oleiros: 30 de marzo - 5 de abril
- Viveiro: 9 - 15 de abril
- Carballo: 20 - 26 de abril
- Monforte: 4 - 10 de maio
- Tui: 18 - 24 de maio
- Allariz: 5 - 11 de outubro
- O Porriño: 19 - 25 de outubro
- Moaña: 9 - 15 de novembro
- Noia: 23 - 29 de Novembro
- Barbadás: 18 - 24 de xaneiro 2009
Publicada por Bibliotecas Municipais de Galicia à(s) 18:20 0 comentários
Etiquetas: Actividades, Animación Lectura, Lectura pública, Literatura
sexta-feira, 14 de março de 2008
Creado o Consello Asesor do Libro
O consello constituído o 14 de marzo de 2008 ten carácter asesor en materia do libro e da lectura, polo tanto as súas decisións non son vinculantes. Está integrado por quince membros: sete da administración (tres da Consellaría de Cultura, un de Educación, outro de Industria, un da Federación Galega de Municipios e Provincias mais un representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística) e oito dos sectores profesionais relacionados co libro (escritores, tradutores, editores, artes gráficas, ilustradores, distribuidores, libreiros e bibliotecarios).
A presidencia correspóndelle á consellaría de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e a vicepresidencia ao director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará. Como representante das Bibliotecas encóntrase Mª Luz Corral en representación de ANABAD-Galicia e de AGABEL (Asociación de Bibliotecas Escolares)
Publicada por Bibliotecas Municipais de Galicia à(s) 20:55 0 comentários
Etiquetas: Bibliotecas públicas, Lectura pública, Xunta
Nace o portal Praza das Letras
Praza das Letras é un proxecto pensado para conter e dinamizar o coñecemento do noso discurso literario, crítico e documental e como fornecedor dun espazo que integre isto coa industria editorial que lle dá soporte.
Botou a andar coa participación e co apoio expreso dos distintos colectivos implicados, desde escritores a traballadores da edición, nun momento favorábel e coincidente coas xuntanzas arredor da Mesa do Libro e co impulso que supuxeron a Lei do libro, o Plan de lectura ou o traballo para o Plan de bibliotecas.
A web Praza das Letras busca xuntar o coñecemento e dinamizar a actividade social, creativa e económica do sector do libro e da lectura. Quere ser a parte visíbel dunha estratexia no mundo real para potenciar, mediante a difusión de contidos, a nosa industria editorial.
Publicada por Bibliotecas Municipais de Galicia à(s) 20:49 0 comentários
Etiquetas: Literatura, Xunta