O pasado luns 24 de setembro tivo lugar na sede da EGAP a 1ª reunión do grupo de selección.
Na reunión participaron 13 persoas, representantes das bibliotecas nodais, das deputacións, do CSBG e das bibliotecas municipais. Os puntos que se trataron na mesma foron os seguintes:
- Presentación dos participantes na reunión e exposición de como fai cada biblioteca a selección.
- O grupo de selección do CSBG expuxo os seus métodos de selección para a elaboración dos boletíns trimestrais de novidades (ver na páxina www.rbgalicia.org).
- Debate sobre os boletíns elaborados polo CSBG. Decídese manter a periodicidade trimestral e seguir facendo dous boletíns separados (adultos e infantil).
- Rosario Crespo (CSBG) expón os métodos de traballo do grupo de selección do Ministerio de Cultura.
- Debate sobre qué porcentaxe debe representar cada materia da CDU nos boletíns de novidades.
- Fálase tamén da posible creación dunha ferramenta informática para poder compartir os rexistros da selección, empregando como modelo a do Ministerio de Cultura.
- Establecemento de pautas de estilo para que as obras seleccionadas teñan o mesmo formato.
- Pídese a cada participante na reunión que elixa unha temática para traballar e facer a selección. O prazo para repartir as temáticas é dunha semana. O obxectivo é que entre tod@s elaboremos os boletíns trimestrais.
- Fíxase a data da próxima reunión para o 12 de novembro.
Os tres representantes do Grupo de bibliotecas municipais decidimos que nos gustaría facer a selección das obras de Infantil coñecemento. Unha vez coñezamos o reparto final comunicarémovolo.
Santiago Eiris (Biblioteca de Ames)
María Lema (Biblioteca de Dumbría)
María José Vilasánchez (Biblioteca de Ortigueira)
Sem comentários:
Enviar um comentário