A Deputación da Coruña recolleu as conclusións do Grupo de Traballo de Formación das bibliotecas municipais nas que se facía unha proposta concreta de cursos de formación demandados polos traballadores e traballadoras das bibliotecas municipais galegas.
O Servizo de Formación da Deputación púxose en contacto connosco para incluir na súa proposta de formación para o ano 2008 algúns dos cursos demandados. Por desgraza eles mesmos recoñeceron que a súa institución non pode atender nunha única convocatoria toda a demanda xa que os seus cursos van orientados a todos os traballadores da administración local e non só aos concellos.
Devido a isto solicitáronnos que de todos os cursos demandados por nós se escolleran un máximo de 3 para incluir na súa proposta formativa.
Os cursos escollidos desde o grupo de traballo son os que indicamos a continuación:
Técnicas de marketing aplicadas a bibliotecas municipais
Obxectivos:
- Presentar os métodos máis usuais de traballo e as principais estratexias na área do marketing de bibliotecas, tanto da difusión como do deseño de servizos ou produtos.
- Proporcionar elementos para planificar e deseñar campañas de marketing nas bibliotecas.
- Analizar a utilización das tecnoloxías da información como medio de marketing, comunicación e información.
Utilización e aplicacións de recursos en Internet para bibliotecas municipais
Obxectivos:
- Observar o impacto de Internet nas Bibliotecas e os servizos de información.
- Coñecer instrumentos de recuperación de información en Internet: os buscadores, fontes de información, recuperación de información profesional.
- Ver recursos de información de interese para bibliotecas.
Deseño de actividades e programas de animación á lectura
Obxectivos:
- Ofrecer coñecementos sobre a metodoloxía para a xestión, control e seguimento de programas de animación
- Presentar os principais aspectos que deben considerarse na definición dos programas: obxectivos, alcance, calidade, control de custes...
- Programas específicos para os dferentes tipos de usuarios: infantil, xuvenil e adultos: aplicacións prácticas
- Coordenadora: María José Vilasánchez Fuciños (Biblioteca de Ortigueira): 981422558, e-mail: ortigueira@rbgalicia.org
- Mónica Pérez Armada(Biblioteca de Ortigueira) ortigueira@rbgalicia.org
- Rosa Mª Barreiro Novas (Biblioteca de Caldas) bibliodecaldas@terra.es
- Mª José Villar Fernández (Biblioteca de Chapela/Redondela) chapela.redondela@rbgalicia.org
Sem comentários:
Enviar um comentário