Desde a última reunión de bibliotecas municipais celebrada o 1 de xullo de 2007 acordouse a realización dun “medio de comunicación” que dera a coñecer o noso traballo e os nosos esforzos a todas os compañeiras e todos os compañeiros das bibliotecas municipais e que, ao mesmo tempo, estivese aberto a todas as persoas interesadas, tanto á cidadanía como a outros profesionais das bibliotecas.
Aínda que realmente comezou a funcionar coa suba de post (noticias) a finais de xullo, xa van alá seis meses desde que foi a data da súa creación.
Con máis ou menos actividade e acerto foi seguindo algunhas cuestións que nos afectan como profesionais. Os post máis visitados son os que fixeron referencia a axudas, subvencións, etc.
Falta moito por mellorar xa que o blogue debería contar cun grupo específico de persoas encargadas do seu mantemento que estivesen ao día da actualidade e cubrisen con información o día a día das bibliotecas. Mais a pesar do moito que queda por mellorar non podemos esquecer que os datos de visitas a este web son moi significativos:
- Máis de 3.700 visitas
- Máis de 1.000 visitantes únicos
- Perto de 8.000 páxinas vistas
- Unha media de 2,12 páxinas vistas por cada visitante
- O 72% dos visitantes repetiron a súa visita sendo o 28% visitantes que só consultaron unha única vez.
Sem comentários:
Enviar um comentário