quinta-feira, 13 de março de 2008

Conclusións do informe de Extensión Bibliotecaria

O Grupo de traballo na Extensión Bibliotecaria ten remato o informe sobre as actividades de animación e culturais realizadas nas bibliotecas municipais.

Este informe recolle os datos recollidos por este grupo entre o 2006 e o 2007 e aporta as conclusións do informe e propostas de acción entre as que se poden destacar:

  • Profesionalización do perfil profesional do bibliotecario e definición de funcións
  • Fomentar a formación profesional
  • Contratación de profesionais especializados na realización de actividades de extensión bibliotecaria
  • Cursos de formación específica con profesionais especializados na materia, no caso de que os bibliotecarios teñan que realizar este tipo de actividades.
  • Concienciación políticas dos gastos xerados na biblioteca (préstamos interbibliotecarios...)
  • Subvencións para o transporte de fondos para os clubes de lectura –creación dalgunha liña de convenio con empresas de mensaxería
  • Fomento de liñas de acción de extensión bibliotecaria nas actividades máis demandada

Estas actividades deberían ser ofertadas para os diversos colectivos, facendo fincapé na xuventude, adultos e terceira idade (necesidade de fomentar accións interxeracionais)

Neste grupo participaron as seguintes persoas:

quarta-feira, 5 de março de 2008

A Biblioteca do Congreso dos EUA asóciase con Flickr



Vieiros publica esta nova. Nos Estados Unidos, a Biblioteca do Congreso, que dispón de doce millóns de imaxes, atopou unha resposta orixinal. En xaneiro, a institución transferiu unha parte das súas imaxes a Flickr, unha web onde millóns de internautas comparten cada día toda clase de imaxes: pícaras, íntimas ou banais.

Ao asociarse coa popular plataforma de almacenamento e intercambio, a Biblioteca do Congreso dos EUA busca paliar a falta de visitas recibidas na súa propia web, que xa conta cun gran número de fotografías.

Pódese seguir a notícia completa na web da Library of Congress.

quarta-feira, 27 de fevereiro de 2008

segunda-feira, 25 de fevereiro de 2008

A Consellaría de Cultura e O Concello de Pontevedra promoven cinco Clubs de lectura na cidade






Clubs de lectura de Pontevedra
é unha iniciativa na que a Consellaría de Cultura e Deporte e o Concello de Pontevedra colaboran para a animación á lectura en adultos, cun programa que combina a creación de Clubs de Lectura no entorno urbano, através da Biblioteca Pública, no rural, através das axencias de lectura, e no virtual, através do seu blogue.
Colabora tamén na iniciativa a Asociación Máis Libros.

A finalidade da iniciativa é animar a ler en galego e coñecer tanto obras clásicas da literatura galega como as máis recentes novidades do noso panorama editorial. Tamén haberá un espazo para a literatura clásica universal e á narrativa literaria actual de autores estranxeiros traducidos ao galego.

Tradicionalmente, un Club de Lectura é un grupo de persoas que len un libro ao mesmo tempo e que se reúnen periodicamente para comentar o libro. Pero esta iniciativa vai máis alá: busca dinamizar a lectura con actividades coma encontros cos autores, editores e/ou tradutores das obras que se estexan a ler, proxección de filmes relacionados coas temáticas das obras e asistencia a obras de teatro relacionadas coas lecturas. Farase especial fincapé nas obras de autores de Pontevedra.

Búscase converter a lectura nun acto de socialización, de diversión e coñecemento, nun espazo no que achegarnos ás páxinas dun libro sexa cada vez unha nova viaxe en boa compaña.

Da Biblioteca Nodal de Pontevedra depende o club presencial e o club virtual para os máis afeccionados ás novas tecnoloxías, xa que será a través do blogue no que os lectores deixarán os comentarios dos libros lidos e reuniránse na rede unha vez ao mes para comentar a novela seleccionada. Á conversa tamén se unirá, cando sexa posible, o autor/tradutor da obra.

Esta iniciativa busca achegar tamén ao ámbito rural unha nova forma de ler: activa, lúdica e participativa. Así, desenvolveranse tres clubs en:

  • Axencia de Lectura de Monte Porreiro, no Centro Sociocultural situado na rúa Alemaña
  • Axencia de Lectura de Santa María de Xeve, na Antiga Casa Consistorial
  • Na parroquia de Salcedo celebraranse en Cabanas-Salcedo, na sede da Asociación Heroes do Campo da Porta

quarta-feira, 20 de fevereiro de 2008

Espazos para a lectura


O último número da Revista Fadamorgana (n. 12: inverno 07/08) contén un dossier sobre a animación á lectura. Moi centrado na animación na educación e nas bibliotecas escolares pero do que se poden tirar boas ideas para as bibliotecas.




Artigos:

  • A lectura na educación secundaria, Agustín Fernández Paz
  • Facer lectores, Víctor moreno
  • Lectura e Biblioteca escolar, Xabier Docampo
  • Hora de ler, Cristina Novoa
  • A Lectura en rede, María josé Vitorino
  • O mestre de lectura, José Luís Polanco
  • A biblioteca escolar e o fomento da lectura, Mariano Coronas
  • Como dinamizar a biblioteca escolar, Beatriz Osés

segunda-feira, 18 de fevereiro de 2008

Bibliotecas galegas e Internet, publicado no Faro de Vigo

Hoxe publícase no Faro de Vigo unha nova incidindo na realidade das bibliotecas de Galicia. Aínda nos falta máis que un chisco para poder equiparar a nosa oferta de servizos coa media do resto de España:


http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3269_8_201266__SociedadyCultura-cada-cinco-bibliotecas-Galicia-carece-acceso-internet

quinta-feira, 14 de fevereiro de 2008

O INE publica os dados estatísticos do 2006





O Instituto Nacional de Estadística acaba de publicar os datos correspondentes ao ano 2006. Os galegos visitamos máis as bibliotecas que a media estatal mais levamos menos documentos en empréstamo.