No número 4 desta publicación da Consellaría de Cultura e Deportes para a promoción do libro e da lectura correspondente a Outubro de 2007 anúnciase a conversión de Praza das Letras nun portal de información sobre o libro e a lectura. O novo portal estará disponíbel a partir do día 24 de outubro: Día das Bibliotecas.
O web prazadasletras busca “agrupar o coñececemento e dinamizar a actividade social, creativa e económica do sector do libro e da lectura”. Continuará co soporte papel máis terá a súa continuidade nun espazo dixital concebido como punto de documentación e información literaria. Pretende ser un proxecto centralizador de toda a información existente establecendo ligazóns coas principais webs de temática literaria:
- a Biblioteca Virtual Galega promovida pola Universidade da Coruña,
- LG3 do Portal Cultura Galega do Consello da Cultura,
- Bivir da Asociación de Tradutores, e
- Blix promovida por Galix e a Biblioteca Nova 33.
Entre os seus obxectivos está:
Recompilar e facer visíbel a información web existente sobre literatura galega.
Promover a lectura en galego entre a cidadanía
Comunicar a vizosa actividade da nosa literatura
Incentivar a creación escrita
Promover a literatura galega no exterior
Sem comentários:
Enviar um comentário