sexta-feira, 3 de agosto de 2007

Blogue das Biblioteca Municipais de Galicia

Con este medio de comunicación queremos contribuir a mellorar a comunicación e as relacións entre as bibliotecas municipais galegas.

Neste espazo pretendemos ir engadindo noticias de interese para as bibliotecas e os traballadores e traballadoras das mesmas, así como contribuír ao coñecemento das persoas que traballamos nas bibliotecas, informar de iniciativas que xurdan desde as bibliotecas e mellorar a comunicación entre nós.

Ao mesmo tempo queremos estar abertos a iniciativas, experiencias e información doutros lugares, de maneira que poidan contribuír a mellorar a nosa formación e experiencia.

Estamos tamén abertos a iniciativas, experiencias e noticias de interese xeral que sexan realizadas por calquera biblioteca galega, polo que podedes enviar información para ser publicada por este medio a bpmunicipais@gmail.com

Reunión de Bibliotecas Municipais


O pasado 1 de Xullo celebrouse a terceira Reunión de traballadoras e traballadores das bibliotecas municipais na Biblioteca do CGAC (Centro de Arte Contemporánea de Galicia) en Santiago de Compostela.

Na reunión participamos 36 persoas de 30 bibliotecas de Galicia.

A xuntanza, que trancorreu nun ambiente moi distendido e produtivo, tratou varios temas, e as conclusións das mesmas facémosvolas chegar a través desta publicación.

A orde do día foi enviada a todas as bibliotecas. Reproducímola a continuación por se alguén aínda non tivo a oportunidade de a ver.

1.- Organización interna:
- Datas das reunións
- Elección e/ou revocación de representantes
- Regulamento de funcionamento

2.- Grupos de traballo
- Avaliación do traballo dos grupos existentes
- Continuación do grupo de traballo de extensión bibliotecaria cos Circuítos Culturais
- Creación de novos grupos de traballo

3.- Implicación doutras entidades na mellora das bibliotecas:
- Institucións
- Congreso/xornadas de bibliotecas

4.- Outros:
- Ocenet
- Estatísticas

Para consultar as actas da terceira reunión pódese descarregar o documento completo.

Para ver as fotos da reunión pódese ir a esta ligazón.