segunda-feira, 29 de outubro de 2007

II Encuentro Bibliotecas y Municipio

O Ministerio de Cultura está a organizar o II Encuentro de Bibliotecas Municipales y Muncipio, que vai ter lugar o vindeiro 15 de Novembro, no auditorio do Ministerio de Cultura.
Con dita xuntanza preténdese crear unha vía de contacto entre responsables das políticas culturais dos concellos e os profesionais dos servizos bibliotecarios municipais.

A inscrición é gratuita, ata completar o aforo.

Para máis información, podedes consultar na páxina web do Ministerio de Cultura, ou no enlace:

http://www.mcu.es/bibliotecas/docs/destacados/encuentro.pdf

Premios María Moliner 2007 de Animación á Lectura

O Ministerio de Cultura concedeu os Premios Maria Moliner 2007 de animación á lectura aos concellos de Sartaguda, Villena y Pravia polos proxectos de animación:

  • Leer antes de nacer (Villena, Alacante), na modalidade de Animación á Lectura
  • Biblioteca…a, ante, con, desde, para, por, según, tras los ciudadanos (Pravia, Asturias), na modalidade de Labor Bibliotecario
  • Dinamización a la lectura en Sartaguda (Navarra), na categoría de integración social

Estes premios, promovidos en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e a Fundación Coca-Cola, destacaron ademais con mención espacial os seguintes proxectos de bibliotecas galegas:

  • Bibliotecas Públicas Municipales de Oleiros, na categoría de animación á lectura
  • Biblioteca Pública Municipal de Tui, na categoría de labor bibliotecario
Felicitamos a estas bibliotecas polo premio ben merecido.

sexta-feira, 26 de outubro de 2007

Cambios no Grupo de Traballo de Selección da Información

Como sabedes este grupo de traballo foi proposto desde a xunta e nós, como bibliotecas municipais, enviamos tres representantes a este grupo. As persoas que nos representan asumiron encargarse da selección de obras de coñecemento para as idades de infantil e xuvenil.

Entre elas acordaron repartir os números da CDU para facilitar o traballo de selección.

Entre as persoas que formaban parte deste grupo estaba María Lema da Biblioteca de Dumbría. Esta persoa por motivos de traballo na actualidade non pode formar parte do grupo polo pasa a ocupar o seu lugar a seguinte persoa entre as escollidas para formar parte deste grupo.

Esta persoa é Marisol da Biblioteca da Guarda. Desde aquí aproveitamos para animala no seu traballo.

As persoas que forman parte do grupo son:
Maria Soledad Diz da Biblioteca da Guarda
María José Vilasánchez da Biblioteca de Ortigueira
Santiago Eirís da biblioteca de Ames

Podedes ver os datos de contacto destas persoas así como as demais persoas que forman parte dos grupos de traballo a través deste documento.

Web 2.0: dous videos de Michael Wesch

Michael Wesch é un antropólogo cultural que explora os impactos dos novos medios na interacción humana. Promove e forma parte do Grupo de Traballo sobre Etnografía Dixital que estuda o uso humano das novas tecnoloxías.

Ten presentados varios videos que explican como encontramos, creamos, criticamos e compartimos a información. E plantexa como é a información a que realmente nos encontra a nós.

1) The Machine is Us/ing Us


2) Information R/evolution

quinta-feira, 25 de outubro de 2007

Educación y Bibliotecas: Dossier Bibliotecas y web social


O último número de Educación y Biblioteca dedica o seu dossier á web social ou web 2.0 , entre os artigos destacan o da nosa compañeira, Catuxa Seoane, das Municipais da Coruña, e dúas aportacións desde Galicia das bibliotecas escolares: Cristina Novoa das Bibliotecas Escolares de Galicia e José Antonio Alonso Martín do blogue A Nosa Biblioteca

Como non podía ser doutra maneira, algúns dos artigos deste dossier están disponíbeis desde internet como nos indica Catuxa desde o seu blogue.

Índice:

quarta-feira, 24 de outubro de 2007

No día das bibliotecas continúa a campaña contra o empréstimo de pago

A Plataforma Contra o Empréstimo de pago continúa coa campaña de recollida de un millón de sinaturas contra o canon por empréstamo de libros nas bibliotecas.

Reproducimos a carta da plataforma e adxuntamos o modelo de folla de recollida de sinaturas que nos facilitan desde Anabad-Galicia.



Unha vez recollidas as sinatutras deben enviarse a:
Biblioteca Municipal
C/ Ciudad de Atenas 10
Mejorada del Campo
28840 Madrid


Carta:

Queridos compañeros:

Con motivo del próximo 24 de octubre, Día de la Biblioteca, y reivindicando una vez más su carácter público y gratuito, integrador y dinamizador de culturas, medio de acceso a la información para todos los ciudadanos, os recordamos y animamos a seguir con la campaña de recogida de un millón de firmas contra el canon para el préstamo bibliotecario.

Como sabéis, la obligatoriedad de pagar un canon por préstamo de obras en bibliotecas públicas ha quedado patente en la nueva Ley de la lectura, del libro y de las bibliotecas, lo que supone sin duda un claro perjuicio para nuestros lectores y para las propias bibliotecas y los servicios que prestan. En palabras de Belén Gopegui, es “abrir la puerta de la biblioteca a los lobos”.

Cedro, la sociedad gestora que recauda el canon de los préstamos, no va a perdonar ni un solo céntimo de euro y va a hacer lo imposible por incrementar la cantidad. Lo ha dicho con toda nitidez su presidente en el último n. de la revista Delibros. Nosotros no se lo vamos a poner fácil y vamos a intentar que esos 40 millones de euros de beneficio que ha conseguido Cedro en 2006 (lo dice su Informe Anual, por cierto, sin copyright) no sea a costa de limitar el derecho a la lectura.

Por otro lado, los autores que apoyan esta campaña, pueden hacer constar en sus publicaciones, mediante una nota en la contraportada, su oposición a la aplicación de cualquier gravamen a las bibliotecas por el préstamo de su obra y a que ninguna entidad de gestión de derechos de autor recaude cantidad alguna en su nombre. Ya hay libros publicados que incluyen notas de esta naturaleza que expresan el deseo de los autores del préstamo gratuito, la renuncia al cobro de ningún canon y el rechazo a la recaudación del mismo por parte de ninguna entidad de gestión ni similar.

Tenemos que continuar con la recogida de firmas y os animamos a que hagáis lo propio en vuestros centros y entre todos vuestros conocidos y amigos.

Un cordial saludo

PLATAFORMA CONTRA EL PRÉSTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS

terça-feira, 23 de outubro de 2007

24 de outubro: Dia das Bibliotecas

Con motivo desta efeméride facémonos eco dalgúns dos eventos que van ter lugar nas bibliotecas públicas:

Biblioteca de Corcubión
:

  • Decora a Biblioteca: Taller de Debuxo e exposición dos mesmos
  • Maratón de Xadrez en liña e de mesa
  • Concurso de Guións cinematográficos
  • Exposición temática de libros relacionados coas bibliotecas
  • Clube de lectura Virtual

Bibliotecas Municipais da Coruña:
  • Sagrada Familia: Batuko Tabanka, luns 22 de outubro ás 19.30 h.
  • Monte Alto: Serra-lhe aí, martes 23 de outubr ás 19.30 h.
  • Infantil e Xuvenil: BellonMaceiras, mércores 24 de outubro ás 19.30 h.
  • Fórum Metropolitano: xoves 25 de outubro Kin García: 20.00 h.
Biblioteca da Deputación da Coruña:
  • A Biblioteca sae á rúa: mércores 24 de outubro de 12 a 14 e de 19 a 20h., a Biblioteca sae á rúa para informar de todos os seus servizos e das actividades que realiza durante o ano.

Biblioteca de Melide
  • Xornada de portas abertas de 9 a 21h. con diversas actividades: contacontos, xogos, obra de teatro coa compañía de títeres 3 Globos que representarán O Sapo encantado .
Biblioteca de Ponteareas:
  • Xornada de portas abertas con visitas guiadas para escolas , asociacións de maiores, asociacións xuvenís, etc. que son realizadas durante toda a semana.
  • Aproveitan esta data para relanzar as actividades: A Hora do Conto e o Club de lectura para adultos.
Biblioteca de Redondela-Axencia de Lectura de Chapela
  • Regalo de libros e caramelos o dia 24 entre os asistentes.
  • Celebración o día 30 co clube de lectura infantil: El pequeño libro que aún no tenía nombre. Emitirase a sión do clube en directo através de Radio Redondela.
Biblioteca do Saviñao:
  • Obradoiro de marcapáxinas ás 18h.
  • Presentación do blogue, o catálogo web e os servizos disponíbeis através de internet
  • Visitas guiadas á biblioteca para asociacións
  • Sorteo de libros entre os participantes
Biblioteca de Tui:
  • Sábado 20 de outubro, ás 12,00 h.: Ciclobiblioteca
  • Exposición "María Mariño, cantiga da costureira poeta". Do 23 de outubro ao 4 de novembro
  • Contacontos con Soledad Felloza: mércores 24 de outubro ás 18h.

segunda-feira, 22 de outubro de 2007

Dejaboo: unha ferramentas web 2.0 util para as bibliotecas

Dejaboo é unha ferramenta da web social centrada na cultura que permite compartir opinións sobre música, libros e discos. É o lugar onde descubrir novos autores, novos grupos e novas persoas cuxa opinión pode resultar interesante. Fomenta a aparición de comunidades con gostos parecidos, onde todos nos podemos beneficiar das aportacións de persoas con diferentes pontos de vista.

Non coñecemos o caso de ningunha biblioteca que utilice esta rede social para apoiar a súa selección de información sobre obras a adquirir, pero pode ser unha boa idea contar con esta axuda xa que aquí as recensións e críticas son, con frecuencia, inmediatas á publicación das novas obras.

Tamén é interesante o seu uso para os nosos clubes de lectura. As persoas que forman parte dos mesmos poden orientarse aqui para escoller as súas lecturas e tamén poden participar coas súas críticas e opinións contribuíndo a espallar esta rede social.

Preséntase unicamente centrada en España e en castellano pero pode ser interesante coñecer outras ferramentas semellantes que poidan existir noutros países e idiomas.

Anúnciase como en fase de provas permanente e indica para breve a ampliación con comunidades, RSS, axenda, blogues...

Segundo eles mesmos indican en Dejaboo pódese encontrar:
* Reseñas: opinións de cada usuario sobre un determinado produto, que pode ser á súa vez valoradas e comentadas polo resto de usuarios.
* Perfís: cada usuario conta cun espazo no que se definir a ollos dos demais usuarios.
* Contactos: para un usuario, un contacto é outro usuario cuxas opinións son interesantes. Pódese navegar através dos contactos de calquer usuario, descobrindo novas opinións que poden resultar interesantes.
* Marcadores: grazas aos marcadores pódense arquivar as reseñas que se queren ter facilmente localiábeis.
* Dejaboo Live!: servizo de actualización en tempo real cos últimos cambios que aparecen no sistema.

Facédelle unha visita a esta interesante ferramenta!

sexta-feira, 19 de outubro de 2007

Posíbel ou probábel

O Compañeiro Rafael da Biblioteca de Tui envíanos este video-ficción sobre o libro do futuro realizado polo grupo editor francés Editis.

quinta-feira, 18 de outubro de 2007

A AGE organiza o IV Simposio O Libro e a Lectura "Libro e mercado"

A Asociación Galega de Editores organiza o IV Simposio O Libro e a Lectura, que na súa cuarta edición abordará a temática "Libro e mercado". O evento, que conta co respaldo do Centro Español de Derechos Repográficos (CEDRO) e no que colabora o Consello da Cultura Galega, terá lugar os próximos 15 e 16 de novembro en Santiago de Compostela.

É de destacar como nun simposio sobre o libro e a lectura continúa botándose en falta a presenza de representantes das bibliotecas entre os participantes.

quarta-feira, 17 de outubro de 2007

Á procura da biblioteca dinámica

O num. 4 de Praza das letras contén un interesante artigo no que varios profesionais sinalan o rumo que debe tomar a rede de leitura pública, entendendo, neste contexto, a biblioteca pública como modelo principal a desenvolver.



No artigo hai interesantes opinións de compañeiras e compañeiros de profesión. Participan:
- Isabel Blanco: directora da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña e Presidenta de Anabad-Galicia.
- Xesús Rodríguez: director da Biblioteca de Moaña
- Ánxela López: directora da Biblioteca de Melide
- Julia Fernández: directora da Biblioteca de Sober
- Henrique Quintáns: Xefe do Servizo do Libro e Bibliotecas
- Cristina Novoa asesora de bibliotecas escolares da Consellaría de Educación

Neste artigo tamén se anuncia a próxima apertura da Biblioteca Nodal de Santiago nun prazo de seis meses. Agardamos que se cumpra este prazo e que podamos contar en pouco tempo con unha biblioteca que suplante o deficit de leitura pública nunha cidade espello de Galicia. Algo que se leva solicitando moito tempo desde a cidadanía por fin parece tomar forma.

Praza das letras

No número 4 desta publicación da Consellaría de Cultura e Deportes para a promoción do libro e da lectura correspondente a Outubro de 2007 anúnciase a conversión de Praza das Letras nun portal de información sobre o libro e a lectura. O novo portal estará disponíbel a partir do día 24 de outubro: Día das Bibliotecas.

O web prazadasletras busca “agrupar o coñececemento e dinamizar a actividade social, creativa e económica do sector do libro e da lectura”. Continuará co soporte papel máis terá a súa continuidade nun espazo dixital concebido como punto de documentación e información literaria. Pretende ser un proxecto centralizador de toda a información existente establecendo ligazóns coas principais webs de temática literaria:

- a Biblioteca Virtual Galega promovida pola Universidade da Coruña,
- LG3 do Portal Cultura Galega do Consello da Cultura,
- Bivir da Asociación de Tradutores, e
- Blix promovida por Galix e a Biblioteca Nova 33.

Entre os seus obxectivos está:

Recompilar e facer visíbel a información web existente sobre literatura galega.
Promover a lectura en galego entre a cidadanía
Comunicar a vizosa actividade da nosa literatura
Incentivar a creación escrita
Promover a literatura galega no exterior

terça-feira, 16 de outubro de 2007

Axudas da Xunta

Promoción do libro en galego e dotación de coleccións básicas

Comezou o seu envío ás bibliotecas no mes de setembro.

Pódese consultar a listaxe de bibliotecas e a orde de preferencia no reparto. Como curiosidade esta vez os rexistros destes documentos xa están catalogados e poden ser descarregados desde a base disposta na web da rede de bibliotecas.


Letras Vivas

Programa de animación á lectura para bibliotecas e outras entidades. Importante: a aceptación das bases hai que remitila á Xunta antes do 15 de novembro. O programa pretende pór en contacto aos usuarios cos creadores fomentando desta maneira a animación á lectura.

Como novidade esta vez a solicitude está máis clarificada e pode realizarse vía electrónica coas claves das que dispomos para a rede de bibliotecas.

segunda-feira, 15 de outubro de 2007

Novas tecnoloxías

quarta-feira, 10 de outubro de 2007

A Conselleira de Cultura presenta no Parlamento o Plan de Lectura

O Plan da Lectura é unha obriga que se deriva da Lei do Libro e da Lectura, que entrou en vigor a finais de xaneiro, para ordear este sector de grande importancia cultural e económica. Para elaborar o Plan, a Consellaría de Cultura mantivo un diálogo continuo con todas as partes implicadas. De feito, o Plan de Lectura debateuse e aprobouse na Mesa polo Libro, onde ademais das Consellarías de Cultura e de Educación, participan representantes dos principais actores do sector como son editores, libreiros, bibliotecarios, arquiveiros, documentalistas, tradutores e creadores.

Ver información publicada na web da Consellaría.

sexta-feira, 5 de outubro de 2007

Bolsas de formación en biblioteconomía

Copiamos a continuación o post publicado no blogue de Anabad-Galicia sobre a convocatoria de bolsas de formación en biblioteconomía.

Acaban de publicarse no DOG de hoxe (04/10/07) as bolsas de formación en biblioteconomía mediante a colaboración titoriada en diversos centros bibliotecarios.

Son trinta e unha plazas e un orzamento para o ano 2007, por un importe de vinte e seis mil trescentos cincuenta euros (26.350 €), e para o 2008, por un importe de douscentos oitenta e nove mil oitocentos cincuenta euros ( 289.850 €), ata acadar unha suma total de trescentos dezaseis mil douscentos euros (316.200 €), que queda condicionada á existencia de crédito adecuado e abondo para o seu financiamento.

1. Requisitos dos solicitantes:
-Titulación universitaria de diplomatura en biblioteconomía e documentación, ou licenciatura en biblioteconomía, documentación, historia, filoloxía ou humanidades.
-Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
-Non se beneficiar anteriormente durante un período superior aos 12 meses destas mesmas bolsas, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, logo de iniciado o período de vixencia.

quarta-feira, 3 de outubro de 2007

Grupo de Traballo para a Formación dun Colexio Profesional

Na Terceira Xuntanza de bibliotecarios municipais constituiuse un grupo de traballo para analizar a posibilidade de dar pasos cara crear un Colexio Profesional de Bibliotecarios, Documentalistas e Arquiveiros.

O pasado 24 de setembro celebramos a nosa primeira reunión en Meicende-Arteixo.

Polo de agora fomos xuntando e estudando documentación doutros colexios profesionais de bibliotecarios doutras nacionalidades e comunidades. En Cataluña levan bastantes anos constituidos, en Valencia constituíronse recentemente, e en Murcia presentaron a proposta de constitución, que foi rexeitada e están preparando recurso.

Tamén miramos a Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 189 do 28 de setembro de 2001).

Estamos intentando poñernos en contacto con profesores e ex-alumnos da Diplomatura de Biblioteconomia e Documentacion de Ferrol, pois hai uns meses tamén estiveron mirando este asunto.

Contactaremos coa Xunta de Galicia para sondear a súa opinión ao respecto.

Aceptamos suxerencias. O grupo esta aberto a quen se queira incorporar e se alguén o desexa podemos enviarlle a documentacion sobre a que estamos traballando.

Saúdos
Marta Alonso (Sagrada Familia-A Coruña)
Juan Garcia (Meicende-Arteixo)
Anxo Campos (Boiro)