segunda-feira, 26 de novembro de 2007

Informe do Grupo de Traballo sobre Perfil Profesional

O grupo de traballo sobre perfil profesional acaba de redactar as conclusións do seu informe. Podédelas ver neste enlace.

quarta-feira, 21 de novembro de 2007

Bolsas do Ministerio de Cultura 2008

O Ministerio de Cultura convoca 133 novas bolsas de formación e de especialización para novos titulados en materias culturais.
As bolsas pretenden formar especialistas en materias culturais, e desenvolveranse baixo un completo programa teórico-práctico tutorializado.

Duración: 9 meses, cun horario de 5 horas e media diarias, de luns a venres.

Data límite de entrega de solicitudes: 10/12/2007.

As bolsas ofertadas distribúense en:

  • 29 Bolsas de Biblioteconomía e Documentación na Biblioteca Nacional, Dirección Xeral do Libro e outras dependencias do Ministerio de Cultura (Especialidades: Fondo antigo 10 e fondo moderno 19).
  • 29 Bolsas de Arquivística nos arquivos de titularidade estatal ou na sede do Ministerio.
  • 30 Bolsas de Museoloxía nos museos estatais ou na sede do Ministerio.
  • 20 Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais no Instituto do Patrimonio Histórico Español.
  • 19 Bolsas de Xestión Cultural nas distintas unidades do Departamento, incluindo a Dirección Xeral de Cooperación e Comunicación Cultural.
  • 6 Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía no Colexio de España en París.

A oferta recóllese no Boletín Oficial do Estado do 8 de Novembro: http://www.boe.es/boe/dias/2007/11/08/pdfs/A46044-46092.pdf.

Véxase tamén o tríptico informativo: http://www.mcu.es/becas/docs/BECASTRIPTICO2.pdf

sexta-feira, 16 de novembro de 2007

Axudas da Xunta de Galicia para as Bibliotecas Municipais

Na web da Rede de Bibliotecas de Galicia saen publicadas catro novas modalidades de axudas da Xunta de Galicia para as Bibliotecas Municipais:

- Letras Vivas: para o achegamento ao público da biblioteca de creadores e creadoras de obra escrita en Galicia.

- Bibliotecas Ilustradas: para promover traballos de decoración das bibliotecas por ilustradores galegos.

- Ciclobibliotecas: actividade de animación para achegar o libro e a lectura a zonas non habituais e dun xeito orixinal e diferente; fomentando á súa vez actitudes como o respecto pola natureza (grupo de animación "Papaventos").

- Lendo Espero: programa de animación para achegarlles a lectura e os libros aos rapaces que acoden á consulta nos centros de saúde de Galicia.

- Semanas do libro e a lectura: coordinadas pola AS-PG.

O PRAZO PARA TODAS ESTAS AXUDAS REMATA O DÍA 20 DE NOVEMBRO.

É importante sinalar que, para optar a todas estas axudas, ademáis da aceptación das bases e o formulario electrónico de solicitude, hai que entregar na Xunta unha memoria das actividades realizadas na biblioteca durante o 2007, así como un proxecto de actividades para 2008.

Véxase a información nesta ligazón