sexta-feira, 28 de setembro de 2007

1ª reunión Grupo de Traballo integrado no Servizo de Información Selectiva (SIS)

O pasado luns 24 de setembro tivo lugar na sede da EGAP a 1ª reunión do grupo de selección.
Na reunión participaron 13 persoas, representantes das bibliotecas nodais, das deputacións, do CSBG e das bibliotecas municipais. Os puntos que se trataron na mesma foron os seguintes:

  1. Presentación dos participantes na reunión e exposición de como fai cada biblioteca a selección.
  2. O grupo de selección do CSBG expuxo os seus métodos de selección para a elaboración dos boletíns trimestrais de novidades (ver na páxina www.rbgalicia.org).
  3. Debate sobre os boletíns elaborados polo CSBG. Decídese manter a periodicidade trimestral e seguir facendo dous boletíns separados (adultos e infantil).
  4. Rosario Crespo (CSBG) expón os métodos de traballo do grupo de selección do Ministerio de Cultura.
  5. Debate sobre qué porcentaxe debe representar cada materia da CDU nos boletíns de novidades.
  6. Fálase tamén da posible creación dunha ferramenta informática para poder compartir os rexistros da selección, empregando como modelo a do Ministerio de Cultura.
  7. Establecemento de pautas de estilo para que as obras seleccionadas teñan o mesmo formato.
  8. Pídese a cada participante na reunión que elixa unha temática para traballar e facer a selección. O prazo para repartir as temáticas é dunha semana. O obxectivo é que entre tod@s elaboremos os boletíns trimestrais.
  9. Fíxase a data da próxima reunión para o 12 de novembro.

Os tres representantes do Grupo de bibliotecas municipais decidimos que nos gustaría facer a selección das obras de Infantil coñecemento. Unha vez coñezamos o reparto final comunicarémovolo.

Se desexades facer algún comentario ou aportación podedes contactar con calquera dos tres.

Santiago Eiris (Biblioteca de Ames)
María Lema (Biblioteca de Dumbría)
María José Vilasánchez (Biblioteca de Ortigueira)


sexta-feira, 21 de setembro de 2007

Oposicións na Universidade de Santiago

A Universidade de Santiago de Compostela convoca concurso-oposición para cubrir 25 prazas na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos.

O prazo de matrícula remata o 9 de outubro.

Convocatoria no DOG
Convocatoria no BOE

quinta-feira, 13 de setembro de 2007

Aniversario da morte de Roald Dahl




Desde Vieiros chéganos unha notícia sobre o aniversário da morte desde grande autor de literatura para todas as idades.

Ademais de prosa e poesía para nenos, este autor cultivou narrativa para adultos (incluíndo novela autobiográfica), teatro e guións cinematográficos e televisivos. Neste 13 de setembro, moitas editoriais e bibliotecas de todo o mundo celebran esta conmemoración.




Facédelle unha visita ao interesante artigo e ás ligazóns que nos propón:
- Roald Dahl official webside
- Roald Dahl Museum
- Roald Dahl Foundation
- Biografía de Roald Dahl

Biblioteca web 2.0

A nosa compañeira Catuxa Seoane encóntrase en Peñaranda de Bracamonte, sede da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, participando no curso Bibliotecas Municipales y Desarrollo Tecnológico sobre a biblioteca pública na web 2.0 ou internet social.

Desde alí achéganos unha interesante crónica sobre a ponencia de Alejandro Carrión, director da Biblioteca de Castilla y León.

En palabras de Carrión a Biblioteca 2.0 (B2) sería:
1) Un modelo de servizo bibliotecario
2) Unha filosofía de servizo
3) Non se basea exclusivamente na tecnoloxía
4) Unha actitude cara os usuarios

quarta-feira, 12 de setembro de 2007

Curiosidades e fotos de Bibliotecas


O Blogue Curiose Expeditions editou un post con fotos de bibliotecas históricas moi interesantes.

Para mostra esta da Biblioteca do Palácio Nacional da Ajuda em Lisboa.

terça-feira, 11 de setembro de 2007

Novo grupo de traballo de Selección da Información

Como recordaredes o pasado 12 de febreiro desde o Servizo do Libro e Bibliotecas da Xunta solicitaban do Grupo de Traballo de Bibliotecas Municipais que propuxésemos tres persoas para formar parte dun grupo de traballo de Desenvolvemento do Colección.

Procedeuse a escoller estas persoas, mediante votación, resultando eleitas:
María José Vilasánchez Fuciños (Biblioteca de Ortigueira)
María Lema (Biblioteca de Dumbría)
Santiago Eirís Pombo (Biblioteca de Ames)

Estas persoas acaban de ser convocadas á primeira reunión deste grupo que se celebrará o 24 de setembro no Centro Superior Bibliográfico de Galicia.

Informarán posteriormente desta primeira reunión.

segunda-feira, 10 de setembro de 2007

Publicadas as axudas 2007 de cofinanciamento da Xunta

Na web da Rede de Bibliotecas de Galicia saen publicadas as axudas de cofinanciamento cos concellos:
Cofinanciamento para adquisicións e Programa de dotación de Mobiliario.

sexta-feira, 7 de setembro de 2007

Grupos de traballo de Bibliotecas Municipais

Estes son os grupos de traballo e as persoas que forman parte dos mesmos.

Queremos recordarvos que os grupos de traballo están abertos permanentemente, e que calquer persoa das bibliotecas municipais galegas que o desexe, pode solicitar formar parte daquel do seu interese.


GRUPO DE TRABALLO DE BIBLIOTECAS MUNICIPAIS 2007-2008

Coordenadores xerais

· Mª José Villar Fernández (Biblioteca de Chapela/Redondela)
· Xoán Manuel Pérez Lijó (Biblioteca de Ames)

Grupos de Traballo:

Colexio Profesional:
· Anxo Campos (Biblioteca de Boiro)
· Marta Alonso (Biblioteca Sagrada Familia/Municipais da Coruña)
· Juan García Figueiras (Biblioteca de Meicende/Arteixo)

Difusión do Grupo e colaboración con bibliotecas:
· Mónica Carballo (Biblioteca do Saviñao)
· Sonia Iglesias (Biblioteca de Fene)

Formación do persoal das Bibliotecas:
· Coordenadora: María José Vilasánchez Fuciños (Biblioteca de Ortigueira)
· Mónica Pérez Armada(Biblioteca de Ortigueira)
· María Lema (Biblioteca de Dumbría)
· Rosa Mª Barreiro Novas (Biblioteca de Caldas)
· Mª José Villar Fernández (Biblioteca de Chapela/Redondela)

Perfil profesional do persoal das Bibliotecas:
· Coordenador: José Luís Alonso Torreiro (Biblioteca de Arteixo)
· Nieves Cives Estévez (Biblioteca de Santa Comba)
· María Luz Corral Uzal (Biblioteca de Oleiros)
· Ángeles Roca López (Biblioteca de Cambre)
· María Jesús Álvarez Sánchez (Biblioteca de Foz)
· María Pena Álvarez (Biblioteca de Sada)

Extensión Bibliotecaria:
· Coordenador: Anxo Alberte Gil (Biblioteca de Baiona)
· Mónica Carballo (Biblioteca do Saviñao)
· Anayansi Expósito Singh (Biblioteca de Rois)
· Sofía Carou Ces (Biblioteca de Rianxo)
· Chus Teijo Gómez (Biblioteca de Montealto: Municipais da Coruña)


Documento cos datos completos dos grupos de traballo.