quarta-feira, 23 de janeiro de 2008

Salón do Libro de Pontevedra

O IX Salón do Libro de Pontevedra que se celebrará do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro dedica as súas actividades ao Mar.

<<Ímonos mergullar nun mar que ole a todos os salitres do mundo. Nas mareas viaxan letras escritas en todos os idiomas inventados que traen historias fabulosas de pobos submarinos, criaturas con branquias e correntes oceánicas. O mar é a patria dos recordos, a paisaxe da infancia, a banda sonora dunha emoción… e o acubillo dos poetas.>>

O programa realiza actividades con escolas, obradoiros, contacontos, presentación de libros das editoriais e unha bibliografía sobre a temática do salón.

sexta-feira, 11 de janeiro de 2008

Oposicións corpos especiais da Xunta

Orde do 28 de decembro de 2007 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso en distintas escalas de Administración especial dos corpos facultativos da Xunta de Galicia.

Sistema de acceso: O proceso de selección será o de concurso – oposición.



PRAZAS


GR

ESCALA

PRO

INTE

ACC LIBR

DIS-CAP

TOTAL

TITULACIÓN ESIXIDA

A

FACULTATIVO DE ARQUIVOS

1

3

1

5

Licenciatura ou equivalente

A

FACULTATIVO DE BIBLIOTECAS

1

1

1

3

Licenciatura ou equivalente

A

FACULTATIVO DE MUSEOS

1

1

0

2

Licenciatura ou equivalente

B

AXUDANTE DE ARQUIVOS

1

1

1

3

Diplomatura ou equivalente

B

AXUDANTE DE BIBLIOTECAS

3

7

1

11

Diplomatura ou equivalente

B

AXUDANTE DE MUSEOS

0

1

0

1

Diplomatura ou equivalente

As prazas sen cubrir das reservadas ao sistema de promoción interna acumularanse ao sistema de acceso libre.

Taxas: grupo A: 39,16 € e grupo B:33,72 €

O prazo para presentar solicitudes rematará o 30 de xaneiro de 2008.

Dog do 10 de xaneiro de 2007:
Grupo A
Grupo B

Bolsas do Consello da Cultura Galega

Convocatoria pública de 16 bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria.seguintes prazas:

Prazas

Colaboración no

Requisito de titulación

2

Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Licenciado/a en filoloxía galega

2

Arquivo da Emigración Galega

Licenciado/a en xeografía e historia

2

Programa Arquivo de Comunicación

Licenciado/a en xornalismo, publicidade e relacións públicas ou comunicación audiovisual.

2

Programa Arquivo Sonoro de Galicia

Ter estudos específicos de técnica/o de son (grao superior de técnica/o de son-FP ou outra titulación similar)

1

Área de Documentación

Ser Diplomado/a en biblioteconomía e documentación ou licenciado/a en documentación.

1

área de publicacións

Licenciado/a en filoloxía galega

2

área de Xestión Cultural

Licenciado/a en humanidades, ciencias sociais ou ciencias da información

2

Web corporativo do Consello da Cultura Galega

Licenciado/a en xornalismo, publicidade e relacións públicas ou comunicación audiovisual.

1

Área de informes

Licenciado/a en matemáticas, en socioloxía, en psicoloxía ou ciencias económicas.

1

Proxecto Sarmiento

Licenciado/a en filoloxía



Prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xaneiro de 2008.

Dog de 20 de decembro de 2007


quarta-feira, 9 de janeiro de 2008

A Deputación de Lugo faise eco das conclusións do grupo de Formación

Representantes do Servizo de Formación da Deputación de Lugo puxéronse en contacto connosco, a finais do ano pasado, para solicitar a nosa colaboración no seu programa de formación para o ano 2008.

Segundo a súa proposta só se pode incluir un único curso de formación polo que, despois de consultar algunhas bibliotecas da provincia, acordouse proporlle o seguinte curso:

Deseño de actividades e programas de animación á lectura

Obxectivos:

  • Ofrecer coñecementos sobre a metodoloxía para a xestión, control e seguimento de programas de animación
  • Presentar os principais aspectos que deben considerarse na definición dos programas: obxectivos, alcance, calidade, control de custes...
  • Programas específicos para os dferentes tipos de usuarios: infantil, xuvenil e adultos: aplicacións prácticas
Lembrámosvos as persoas que forman parte desde Grupo de Traballo;

Seis meses do blogue das Bibliotecas Municipais

Desde a última reunión de bibliotecas municipais celebrada o 1 de xullo de 2007 acordouse a realización dun “medio de comunicación” que dera a coñecer o noso traballo e os nosos esforzos a todas os compañeiras e todos os compañeiros das bibliotecas municipais e que, ao mesmo tempo, estivese aberto a todas as persoas interesadas, tanto á cidadanía como a outros profesionais das bibliotecas.

Aínda que realmente comezou a funcionar coa suba de post (noticias) a finais de xullo, xa van alá seis meses desde que foi a data da súa creación.

Con máis ou menos actividade e acerto foi seguindo algunhas cuestións que nos afectan como profesionais. Os post máis visitados son os que fixeron referencia a axudas, subvencións, etc.

Falta moito por mellorar xa que o blogue debería contar cun grupo específico de persoas encargadas do seu mantemento que estivesen ao día da actualidade e cubrisen con información o día a día das bibliotecas. Mais a pesar do moito que queda por mellorar non podemos esquecer que os datos de visitas a este web son moi significativos:

  • Máis de 3.700 visitas
  • Máis de 1.000 visitantes únicos
  • Perto de 8.000 páxinas vistas
  • Unha media de 2,12 páxinas vistas por cada visitante
  • O 72% dos visitantes repetiron a súa visita sendo o 28% visitantes que só consultaron unha única vez.

Entre os visitantes de unha única vez temos visitas realizadas desde lugares tan afastados como as Filipinas, Hungría, Corea.... Pero como era de esperar o groso das visitas é realizado desde Galiza e outros lugares do Estado español.