sexta-feira, 28 de setembro de 2007

1ª reunión Grupo de Traballo integrado no Servizo de Información Selectiva (SIS)

O pasado luns 24 de setembro tivo lugar na sede da EGAP a 1ª reunión do grupo de selección.
Na reunión participaron 13 persoas, representantes das bibliotecas nodais, das deputacións, do CSBG e das bibliotecas municipais. Os puntos que se trataron na mesma foron os seguintes:

  1. Presentación dos participantes na reunión e exposición de como fai cada biblioteca a selección.
  2. O grupo de selección do CSBG expuxo os seus métodos de selección para a elaboración dos boletíns trimestrais de novidades (ver na páxina www.rbgalicia.org).
  3. Debate sobre os boletíns elaborados polo CSBG. Decídese manter a periodicidade trimestral e seguir facendo dous boletíns separados (adultos e infantil).
  4. Rosario Crespo (CSBG) expón os métodos de traballo do grupo de selección do Ministerio de Cultura.
  5. Debate sobre qué porcentaxe debe representar cada materia da CDU nos boletíns de novidades.
  6. Fálase tamén da posible creación dunha ferramenta informática para poder compartir os rexistros da selección, empregando como modelo a do Ministerio de Cultura.
  7. Establecemento de pautas de estilo para que as obras seleccionadas teñan o mesmo formato.
  8. Pídese a cada participante na reunión que elixa unha temática para traballar e facer a selección. O prazo para repartir as temáticas é dunha semana. O obxectivo é que entre tod@s elaboremos os boletíns trimestrais.
  9. Fíxase a data da próxima reunión para o 12 de novembro.

Os tres representantes do Grupo de bibliotecas municipais decidimos que nos gustaría facer a selección das obras de Infantil coñecemento. Unha vez coñezamos o reparto final comunicarémovolo.

Se desexades facer algún comentario ou aportación podedes contactar con calquera dos tres.

Santiago Eiris (Biblioteca de Ames)
María Lema (Biblioteca de Dumbría)
María José Vilasánchez (Biblioteca de Ortigueira)


Sem comentários: