sexta-feira, 16 de novembro de 2007

Axudas da Xunta de Galicia para as Bibliotecas Municipais

Na web da Rede de Bibliotecas de Galicia saen publicadas catro novas modalidades de axudas da Xunta de Galicia para as Bibliotecas Municipais:

- Letras Vivas: para o achegamento ao público da biblioteca de creadores e creadoras de obra escrita en Galicia.

- Bibliotecas Ilustradas: para promover traballos de decoración das bibliotecas por ilustradores galegos.

- Ciclobibliotecas: actividade de animación para achegar o libro e a lectura a zonas non habituais e dun xeito orixinal e diferente; fomentando á súa vez actitudes como o respecto pola natureza (grupo de animación "Papaventos").

- Lendo Espero: programa de animación para achegarlles a lectura e os libros aos rapaces que acoden á consulta nos centros de saúde de Galicia.

- Semanas do libro e a lectura: coordinadas pola AS-PG.

O PRAZO PARA TODAS ESTAS AXUDAS REMATA O DÍA 20 DE NOVEMBRO.

É importante sinalar que, para optar a todas estas axudas, ademáis da aceptación das bases e o formulario electrónico de solicitude, hai que entregar na Xunta unha memoria das actividades realizadas na biblioteca durante o 2007, así como un proxecto de actividades para 2008.

Véxase a información nesta ligazón

Sem comentários: