O IX Salón do Libro de Pontevedra que se celebrará do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro dedica as súas actividades ao Mar.
<<Ímonos mergullar nun mar que ole a todos os salitres do mundo. Nas mareas viaxan letras escritas en todos os idiomas inventados que traen historias fabulosas de pobos submarinos, criaturas con branquias e correntes oceánicas. O mar é a patria dos recordos, a paisaxe da infancia, a banda sonora dunha emoción… e o acubillo dos poetas.>>
O programa realiza actividades con escolas, obradoiros, contacontos, presentación de libros das editoriais e unha bibliografía sobre a temática do salón.
quarta-feira, 23 de janeiro de 2008
Salón do Libro de Pontevedra
Publicada por
Bibliotecas Municipais de Galicia
à(s)
09:41
0
comentários
Etiquetas: Animación Lectura, Literatura infantil, Xornadas
sexta-feira, 11 de janeiro de 2008
Oposicións corpos especiais da Xunta
Orde do 28 de decembro de 2007 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso en distintas escalas de Administración especial dos corpos facultativos da Xunta de Galicia.
Sistema de acceso:
| | PRAZAS | | |||
GR | ESCALA | PRO INTE | ACC LIBR | DIS-CAP | TOTAL | TITULACIÓN ESIXIDA |
A | FACULTATIVO DE ARQUIVOS | 1 | 3 | 1 | 5 | Licenciatura ou equivalente |
A | FACULTATIVO DE BIBLIOTECAS | 1 | 1 | 1 | 3 | Licenciatura ou equivalente |
A | FACULTATIVO DE MUSEOS | 1 | 1 | 0 | 2 | Licenciatura ou equivalente |
B | AXUDANTE DE ARQUIVOS | 1 | 1 | 1 | 3 | Diplomatura ou equivalente |
B | AXUDANTE DE BIBLIOTECAS | 3 | 7 | 1 | 11 | Diplomatura ou equivalente |
B | AXUDANTE DE MUSEOS | 0 | 1 | 0 | 1 | Diplomatura ou equivalente |
As prazas sen cubrir das reservadas ao sistema de promoción interna acumularanse ao sistema de acceso libre.
Taxas: grupo A: 39,16 € e grupo B:33,72 €
O prazo para presentar solicitudes rematará o 30 de xaneiro de 2008.
Publicada por
Bibliotecas Municipais de Galicia
à(s)
10:56
0
comentários
Etiquetas: Oposicións, Xunta
Bolsas do Consello da Cultura Galega
Convocatoria pública de 16 bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria.seguintes prazas:
Prazas | Colaboración no | Requisito de titulación |
2 | Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia | Licenciado/a en filoloxía galega |
2 | Arquivo da Emigración Galega | Licenciado/a en xeografía e historia |
2 | Programa Arquivo de Comunicación | Licenciado/a en xornalismo, publicidade e relacións públicas ou comunicación audiovisual. |
2 | Programa Arquivo Sonoro de Galicia | Ter estudos específicos de técnica/o de son (grao superior de técnica/o de son-FP ou outra titulación similar) |
1 | Área de Documentación | Ser Diplomado/a en biblioteconomía e documentación ou licenciado/a en documentación. |
1 | área de publicacións | Licenciado/a en filoloxía galega |
2 | área de Xestión Cultural | Licenciado/a en humanidades, ciencias sociais ou ciencias da información |
2 | Web corporativo do Consello da Cultura Galega | Licenciado/a en xornalismo, publicidade e relacións públicas ou comunicación audiovisual. |
1 | Área de informes | Licenciado/a en matemáticas, en socioloxía, en psicoloxía ou ciencias económicas. |
1 | Proxecto Sarmiento | Licenciado/a en filoloxía |
Prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xaneiro de 2008.
Dog de 20 de decembro de 2007
quarta-feira, 9 de janeiro de 2008
A Deputación de Lugo faise eco das conclusións do grupo de Formación
Representantes do Servizo de Formación da Deputación de Lugo puxéronse en contacto connosco, a finais do ano pasado, para solicitar a nosa colaboración no seu programa de formación para o ano 2008.
Segundo a súa proposta só se pode incluir un único curso de formación polo que, despois de consultar algunhas bibliotecas da provincia, acordouse proporlle o seguinte curso:
Deseño de actividades e programas de animación á lectura
Obxectivos:
- Ofrecer coñecementos sobre a metodoloxía para a xestión, control e seguimento de programas de animación
- Presentar os principais aspectos que deben considerarse na definición dos programas: obxectivos, alcance, calidade, control de custes...
- Programas específicos para os dferentes tipos de usuarios: infantil, xuvenil e adultos: aplicacións prácticas
- Coordenadora: María José Vilasánchez Fuciños (Biblioteca de Ortigueira): 981422558, e-mail: ortigueira@rbgalicia.org
- Mónica Pérez Armada(Biblioteca de Ortigueira) ortigueira@rbgalicia.org
- Rosa Mª Barreiro Novas (Biblioteca de Caldas) bibliodecaldas@terra.es
- Mª José Villar Fernández (Biblioteca de Chapela/Redondela) chapela.redondela@rbgalicia.org
Publicada por
Bibliotecas Municipais de Galicia
à(s)
17:02
0
comentários
Etiquetas: Deputacións, Formación, Grupos de traballo
Seis meses do blogue das Bibliotecas Municipais
Desde a última reunión de bibliotecas municipais celebrada o 1 de xullo de 2007 acordouse a realización dun “medio de comunicación” que dera a coñecer o noso traballo e os nosos esforzos a todas os compañeiras e todos os compañeiros das bibliotecas municipais e que, ao mesmo tempo, estivese aberto a todas as persoas interesadas, tanto á cidadanía como a outros profesionais das bibliotecas.
Aínda que realmente comezou a funcionar coa suba de post (noticias) a finais de xullo, xa van alá seis meses desde que foi a data da súa creación.
Con máis ou menos actividade e acerto foi seguindo algunhas cuestións que nos afectan como profesionais. Os post máis visitados son os que fixeron referencia a axudas, subvencións, etc.
Falta moito por mellorar xa que o blogue debería contar cun grupo específico de persoas encargadas do seu mantemento que estivesen ao día da actualidade e cubrisen con información o día a día das bibliotecas. Mais a pesar do moito que queda por mellorar non podemos esquecer que os datos de visitas a este web son moi significativos:
- Máis de 3.700 visitas
- Máis de 1.000 visitantes únicos
- Perto de 8.000 páxinas vistas
- Unha media de 2,12 páxinas vistas por cada visitante
- O 72% dos visitantes repetiron a súa visita sendo o 28% visitantes que só consultaron unha única vez.
Publicada por
Bibliotecas Municipais de Galicia
à(s)
12:50
0
comentários
Etiquetas: Municipais, Web 2.0
quinta-feira, 3 de janeiro de 2008
Axudas ano 2007
Foron publicadas na web da Rede de Bibliotecas de Galicia as axudas correspondentes a:
Publicada por
Bibliotecas Municipais de Galicia
à(s)
10:13
0
comentários
Etiquetas: Axudas, Bibliotecas, Xunta