quarta-feira, 9 de janeiro de 2008

Seis meses do blogue das Bibliotecas Municipais

Desde a última reunión de bibliotecas municipais celebrada o 1 de xullo de 2007 acordouse a realización dun “medio de comunicación” que dera a coñecer o noso traballo e os nosos esforzos a todas os compañeiras e todos os compañeiros das bibliotecas municipais e que, ao mesmo tempo, estivese aberto a todas as persoas interesadas, tanto á cidadanía como a outros profesionais das bibliotecas.

Aínda que realmente comezou a funcionar coa suba de post (noticias) a finais de xullo, xa van alá seis meses desde que foi a data da súa creación.

Con máis ou menos actividade e acerto foi seguindo algunhas cuestións que nos afectan como profesionais. Os post máis visitados son os que fixeron referencia a axudas, subvencións, etc.

Falta moito por mellorar xa que o blogue debería contar cun grupo específico de persoas encargadas do seu mantemento que estivesen ao día da actualidade e cubrisen con información o día a día das bibliotecas. Mais a pesar do moito que queda por mellorar non podemos esquecer que os datos de visitas a este web son moi significativos:

  • Máis de 3.700 visitas
  • Máis de 1.000 visitantes únicos
  • Perto de 8.000 páxinas vistas
  • Unha media de 2,12 páxinas vistas por cada visitante
  • O 72% dos visitantes repetiron a súa visita sendo o 28% visitantes que só consultaron unha única vez.

Entre os visitantes de unha única vez temos visitas realizadas desde lugares tan afastados como as Filipinas, Hungría, Corea.... Pero como era de esperar o groso das visitas é realizado desde Galiza e outros lugares do Estado español.

Sem comentários: