quarta-feira, 3 de outubro de 2007

Grupo de Traballo para a Formación dun Colexio Profesional

Na Terceira Xuntanza de bibliotecarios municipais constituiuse un grupo de traballo para analizar a posibilidade de dar pasos cara crear un Colexio Profesional de Bibliotecarios, Documentalistas e Arquiveiros.

O pasado 24 de setembro celebramos a nosa primeira reunión en Meicende-Arteixo.

Polo de agora fomos xuntando e estudando documentación doutros colexios profesionais de bibliotecarios doutras nacionalidades e comunidades. En Cataluña levan bastantes anos constituidos, en Valencia constituíronse recentemente, e en Murcia presentaron a proposta de constitución, que foi rexeitada e están preparando recurso.

Tamén miramos a Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 189 do 28 de setembro de 2001).

Estamos intentando poñernos en contacto con profesores e ex-alumnos da Diplomatura de Biblioteconomia e Documentacion de Ferrol, pois hai uns meses tamén estiveron mirando este asunto.

Contactaremos coa Xunta de Galicia para sondear a súa opinión ao respecto.

Aceptamos suxerencias. O grupo esta aberto a quen se queira incorporar e se alguén o desexa podemos enviarlle a documentacion sobre a que estamos traballando.

Saúdos
Marta Alonso (Sagrada Familia-A Coruña)
Juan Garcia (Meicende-Arteixo)
Anxo Campos (Boiro)

2 comentários:

Anónimo disse...

Ola!: Gustaríame que me enviásedes por correo electrónico esa información.
O noso correo é: bibliocorcu@yahoo.es
(Biblioteca publica Municipal de Corcubión)
Graciñas!

anxoboiro disse...

Ola BPM Corcubión: mandeiche a informacion, espero que che sexa util.
Saudos
Asdo.: Anxo