segunda-feira, 22 de outubro de 2007

Dejaboo: unha ferramentas web 2.0 util para as bibliotecas

Dejaboo é unha ferramenta da web social centrada na cultura que permite compartir opinións sobre música, libros e discos. É o lugar onde descubrir novos autores, novos grupos e novas persoas cuxa opinión pode resultar interesante. Fomenta a aparición de comunidades con gostos parecidos, onde todos nos podemos beneficiar das aportacións de persoas con diferentes pontos de vista.

Non coñecemos o caso de ningunha biblioteca que utilice esta rede social para apoiar a súa selección de información sobre obras a adquirir, pero pode ser unha boa idea contar con esta axuda xa que aquí as recensións e críticas son, con frecuencia, inmediatas á publicación das novas obras.

Tamén é interesante o seu uso para os nosos clubes de lectura. As persoas que forman parte dos mesmos poden orientarse aqui para escoller as súas lecturas e tamén poden participar coas súas críticas e opinións contribuíndo a espallar esta rede social.

Preséntase unicamente centrada en España e en castellano pero pode ser interesante coñecer outras ferramentas semellantes que poidan existir noutros países e idiomas.

Anúnciase como en fase de provas permanente e indica para breve a ampliación con comunidades, RSS, axenda, blogues...

Segundo eles mesmos indican en Dejaboo pódese encontrar:
* Reseñas: opinións de cada usuario sobre un determinado produto, que pode ser á súa vez valoradas e comentadas polo resto de usuarios.
* Perfís: cada usuario conta cun espazo no que se definir a ollos dos demais usuarios.
* Contactos: para un usuario, un contacto é outro usuario cuxas opinións son interesantes. Pódese navegar através dos contactos de calquer usuario, descobrindo novas opinións que poden resultar interesantes.
* Marcadores: grazas aos marcadores pódense arquivar as reseñas que se queren ter facilmente localiábeis.
* Dejaboo Live!: servizo de actualización en tempo real cos últimos cambios que aparecen no sistema.

Facédelle unha visita a esta interesante ferramenta!

Sem comentários: